Torta de castañas

Celebra o Magosto con esta auténtica torta de castañas, típica de San Martiño!

Notas de interese / Consellos

A nosa torta de castañas está decorada cunha cobertura de azucre glas. En Ourense, sobre o azucre glas, escriben ‘San Martiño’, con letras de chocolate. Con axuda dunha manga pasteleira podes crear as túas propias letras ou mercar directamente tubos de chocolate para decorar.

Alérxenos

Glute, lactosa, froitos secos.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 250 g de castañas
  • 200 ml de Leite Enteiro Larsa
  • 150 g de améndoa picada
  • 5 ovos
  • 170 g de azucre
  • 30 g de azucre para montar as claras
  • 180 g de Manteiga Tradicional Larsa 
  • 100 g de fariña de trigo para repostería
  • 8 g de fermento químico
  • 50 g de azucre glas

Elaboración

O primeiro que imos facer é sacar a manteiga da neveira para que se abrande.

Mentres tanto, facemos un pequeno corte ás castañas e colocamos un cazo con auga no lume. Cando comece a ferver, engadimos as castañas e as escaldamos durante 5 minutos.

Retiramos as castañas do lume, pelámolas, picamolas en pequenos anacos e reservamos.

Vertemos o leite nun cazo e colocámolo ao lume a temperatura media. Cando o leite comece a quentarse, engadimos as castañas cortadas e deixamos que se cociñen durante 15 minutos.

Transcorrido ese tempo, batemos as castañas xunto co leite ata obter unha mestura homoxénea e reservamos.

Separamos as xemas das claras e gardamos as claras na neveira.

Nun bol introducimos as xemas, a manteiga, 170 g de azucre e batemos ben. En canto estean integrados todos os elementos, engadimos a crema de castañas e volvemos bater.

Prequentamos o forno a 180ºC durante 10 minutos. Mentres tanto, introducimos as améndoas, a fariña e o fermento nun bol e engadimos aos poucos, sen deixar de remover, a masa obtida anteriormente e reservamos.

Sacamos as claras da neveira e batémolas -a velocidade alta- cos 30 g de azucre. En canto estean montadas, engadímolas á crema, removendo con movementos envolventes.

Untamos o molde cun pouco de manteiga, vertemos a masa e enfornamos durante 30-35 min a 180ºC. Transcorrido ese tempo, picamos cun escarvadentes para comprobar que a torta estea feita. Se sae limpo, retiramos a torta do forno. Se non, deixamos que se cociñe durante 5 minutos e volvemos comprobar.

Sacamos a torta do forno e deixamos arrefriar. Decoramos con azucre glas e listo!

1276