Receita de Bandullo galego

Un pudin típico do Entroido

Notas de interese / Consellos

Algunha vez oíches falar da receita de Bandullo Galego? Aínda que é unha sobremesa cunha larguísima tradición en Galicia, e especialmente nas zonas de Caldas de Reis e a península do Morrazo, é tan pouco coñecida que hai quen apunta que estivo a piques de desaparecer. O seu nome provén segundo a Real Academia Galega da súa elaboración, xa que antigamente era unha sobremesa de pan, ovos e outros ingredientes que se cocía dentro do estómago ou bandullo do porco. Quizais por isto, nalgúns lugares de Galicia esta receita de aproveitamento está asociada á matanza, pero en moitas casas é tradicional de Entroido ou Pascua. A elaboración é sinxela e o resultado é similar aos pudings ingleses; nós apostaremos pola receita máis tradicional, con piñóns e pasas, pero podes preparala con noces ou outros froitos secos.

Alérxenos

Leite, ovos, glute
Receta de Bandullo Gallego

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 1 l de Leite enteiro de Pastoreo Larsa  
  •  70 g de Manteiga Tradicional Larsa  
  •  170 g de azucre  
  •  ½ quilo de pan do día anterior  
  •  5 ovos  
  •  Unha presa de piñóns  
  •  Unha presa de pasas  
  •  Unha codia de limón relada  
  •  2 culleradas de canela  
  •  Un chisco de fariña  

Elaboración

Para comezar co Bandullo quenta o leite a lume medio nun cazo ou recipiente amplo sen que chegue a ferver.

Mentres, curta o pan en anacos pequenos e refuga a cortiza se é moi dura. Retira o leite do lume, engade o pan partido e mergúllao ben.

Agrega o azucre, a manteiga, remove ben e reserva uns minutos. Rela o limón, engádeo e esparexe a canela sobre a mestura.

Bate ben os ovos e vérteos sobre o pan remollado. Mestura ben con axuda dunha espátula ou un garfo para esmigallar o pan, xa brando.

Engade os piñóns e as pasas e volve remover ata obter unha mestura uniforme.

Engraxa con manteiga un molde preferiblemente redondo apto para forno, esparexe un pouco de fariña sobre o fondo e as paredes e verte a masa do bandullo.

Introduce o molde noutro máis profundo con auga para lograr unha cocción ao baño maría.

Prequenta o forno a 190º con calor arriba e abaixo durante 5 ou 10 minutos.

Introduce o molde coa auga e o do Bandullo dentro e deixa cociñar uns 45 minutos a partir de que a auga do baño maría comece a ferver.

Proba cun coitelo ou escarvadentes se o teu Bandullo está listo. Se tras picalo no centro, sae limpo, podes retiralo do forno.

Agarda a que o Bandullo arrefríe completamente antes de desmoldar e servir. É ideal como sobremesa de Entroido ou para acompañar un café a media mañá ou media tarde.

1238