A receita de panna cotta de turrón JIjona, ganache de turrón de chocolate e galleta con tella de rosco de viño de Javier

A pinta é estupenda e o sabor déixanos sen palabras. O que nos gusta a nós un doce de Nadal!

Notas de interese / Consellos

Unha receita ideal para as estas festas de Nadal. Fácil e moi vistosa, pódese preparar con antelación para gozar, todo o tempo posible, dos nosos.

Alérxenos

Lácteos, froitos secos e glute

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Para facer a Panna cotta

  • 400 ml de Nata Larsa
  • 50  gr de turrón de Jijona
  • 30  gr de azucre Moreno
  • 50  ml de Leite Enteiro Larsa
  • 1/2  cdt Esencia de Vainilla
  • 2  gr de Agar-agar

 

Ganache de turrón de chocolate

  • 125  ml de Nata Larsa
  • 125  gr de turrón de chocolate
  • 4 galletas

 

Tella de rosco de viño

  • 40  gr de azucre
  • 1  rosco de viño

Elaboración

Poñer nun cazo a nata, o azucre, o leite e a vainilla. Cando se desfaga o azucre, engadir o turrón en anaquiños.

Remover ata desfacer o turrón.

Antes de que ferva, engadir o agar-agar e cociñar (removendo).

Poñer en vasos, temperar e arrefriar. Ir facendo a ganache, poñer no cazo a nata e o turrón en anaquiños, cociñar ata que se desfaga e integre o turrón.

Quitar do lume e arrefriar, cando arrefríe engadir as galletas moídas, integrar.

Poñer encima da panna cotta e arrefriar.

Facemos a tella. Poñer nunha tixola azucre, cubrindo o fondo, desfacelo (vólvese líquido).

Poñer nun papel de forno e estender. Moer un rosco de viño e poñelo antes de que arrefríe e darlle forma.

Colocar encima da ganache e poñer un pouco das migallas sobrantes do rosco de viño. E listo para gozar!

544