Receita de Tzatziki

O mellor aperitivo ou entrante mediterráneo para calquera época do ano

Notas de interese / Consellos

O tzatziki é unha salsa realmente doada de preparar. É un complemento perfecto para moitas receitas de carne, verduras, para aderezar ensaladas ou simplemente cun pouco de pan. E o seu sabor… Simplemente delicioso! Ademais, grazas aos seus ingredientes principais, o iogur e o pepino, é unha salsa que axuda a reducir o colesterol.

Alérxenos

Lactosa

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 2 Iogures Cremosísimos Naturais Larsa
  • 1 Cogombro
  • 1 Cullerada de aceite de oliva virxe extra
  • 1 Dente de allo
  • Medio limón
  • Menta fresca
  • Pementa negra moída
  • Sal

Elaboración

Pelamos e lavamos ben o cogombro.

A continuación, raiamos o cogombro en tiras moi finas ata conseguir unha especie de puré de cogombro.

Colocamos o puré nun espremedor e botámoslle sal mentres vai soltando a auga propia que teñen todas as hortalizas.

Nun cunco, botamos os iogures Cremosísimos Naturais de Larsa, o aceite, o dente de allo picado, o zume de medio limón, a menta picada, un chisco de sal e outro chisco de pementa negra moída.

Despois, engadimos o cogombro ben espremido.

Remexemos ben ata que todos os ingredientes queden ben integrados.

Léva o Tzatziki á nevera un par de horas, xa que debe estar frío. E listo!

909