A receita de rigatoni con cogomelos shiitake, espárragos verdes e salsa de noces de Lidia
A pasta é un prato moi versátil que podes facer ao teu gusto e sempre estará deliciosa
Presentación do larseiro
Esta receita foi elaborada pola larseira: Lidia
Notas de interese / Consellos
Os cogomelos shiitake conteñen un gran número de vitaminas do grupo B, minerais como cobre, manganeso, selenio e zinc e son un importante prebiótico. Un delicado sabor que fortalece as defensas. Para a medicina chinesa é un alimento que favorece unha vida longa e sa.
Alérxenos
Lácteos, froitos secos
Que produtos Larsa precisas para facer a receita?


Ingredientes
(Para unha persoa)
- 80 gr. de pasta sen glute (millo e arroz)
- 100 gr. de cogomelos shiitake
- 100 gr. de espárragos verdes
- 2 dentes de allo
- 1 porro (parte branca)
- 80 ml. de Leite Enteiro Larsa
- 50 gr. de noces
- AOVE
- Sal
- Pementa negra
- Noz moscada