É a única marca rexional líder nunha comunidade autónoma: Galicia, segundo o último estudo Brand Footprint 2020
O estudo Brand Footprint 2020 que cada ano realiza Kantar Worldpannel sitúa a Larsa como a marca máis elixida polos galegos á hora de encher a súa cesta da compra.
Este é o terceiro ano que os galegos nos elixen como a súa marca favorita, un orgullo e unha honra que, cremos, apoia a nosa aposta por seguir ofrecendo alimentos lácteos da máxima calidade e o sabor diferencial da nosa materia prima: O Leite de Pastoreo certificado.
O estudo Brand Footprint 2020 sobre as marcas de gran consumo máis elixidas en España revela ademais que Larsa é a única marca de orixe rexional que é líder do mercado nunha comunidade autónoma, neste caso, Galicia, o seu territorio de orixe. No resto das comunidades, as marcas máis elixidas son de ámbito nacional ou internacional. Isto demostra a aposta dos consumidores galegos por unha marca vencellada ao seu territorio. O estudo foi realizado con datos previos ao confinamento derivado do Covid-19.
No seu devezo de manter a autenticidade dos seus produtos, a confianza dos consumidores e o apoio a Galicia, en 2020 Larsa segue a apostar polos produtos elaborados con Leite de Pastoreo, certificado pola entidade líder en supervisión de cumprimento normativo SGS.