A campaña publicitaria de Larsa Benvidos, novos Larseiros! ten premio! O Parlamento de Galicia, o Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia veñen de recoñecer a Larsa co Premio Publicidade en Galego na categoría de radio.
O premio galardoa o labor de Larsa na promoción da lingua galega, e considera a súa campaña Benvidos, novos larseiros! como a primeira e máis acertada no cumprimento dese obxectivo dentro das da súa categoría.
A entrega dos premios Publicidade en Galego, que galardoaron tamén a outras empresas galegas, celebrouse esta mañá na sede do Parlamento de Galicia. A responsable de Marketing de Larsa, Ana Rodríguez Grande, recolleu e agradeceu o premio en nome da compañía.
Unha campaña sobre os conceptos básicos do Pastoreo
Os premios Publicidade en Galego son convocados cada ano pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario. Esta acción enmárcase no Plan de dinamización do galego no tecido económico e no Plan Xeral de Normalización dá Lingua Galega.
Larsa obtén o premio na categoría de radio que, xunto con televisión, internet, prensa escrita e centros educativos conforman as 5 categorías incluídas na convocatoria. Larsa ademais xa recibira o premio Publicidade en Galego na convocatoria de 2013.
A campaña Benvidos, novos larseiros! incide nos conceptos nos que se asenta o Pastoreo, como os pastos, a liberdade coa que pastan as vacas, a contribución dese sistema para o mantemento da actividade no rural e a limpeza dos montes e os seus beneficios para o medio ambiente. Vacas felices que pastan como se fixo sempre en Galicia, e que producen un leite cun sabor e unhas calidades únicas das que gozar.
A marca favorita dos galegos
A campaña pon gaba os valores diferenciais do Leite de Pastoreo certificado co que Larsa elabora os seus produtos. Un leite cun sabor diferencial, obtida co mesmo sistema de produción que tradicionalmente se mantivo en Galicia. Leite 100% galego, producido por vacas felices cun sabor e unha cremosidade únicas e que conquistou o padal dos galegos.
Para Larsa é unha honra recibir un premio que recoñece a súa aposta polo galego, lingua vehicular da súa comunicación en todos os soportes, incluídas as Redes Sociais, e nas súas campañas de publicidade. Un galardón especialmente satisfactorio ao unirse ao recoñecemento dos consumidores galegos que en 2019 e por segundo ano consecutivo, identifican Larsa como a marca favorita das familias galegas, segundo o estudo Brand Footprint 2019.