Larsa inviste 25 millóns de euros en 3 anos e renova o seu compromiso con Galicia co obxectivo de seguir a ofrecer produtos de calidade
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou o martes, 2 de xullo, a factoría de Larsa en Outeiro de Rei (Lugo) para inaugurar as súas novas instalacións. Na visita estivo acompañado polo director xeral de Capsa Food, José Armando Tellado, xunto co resto de autoridades e directivos da empresa.
Froito do seu continuo compromiso cos galegos, Larsa continúa apostando por Galicia co obxectivo de seguir ofrecendo produtos de calidade. Nos últimos tres anos, a compañía láctea investiu máis de 25 millóns de euros nas fábricas de Lugo e Vilagarcía de Arousa, dos cales 17 millóns correspóndense coa remodelación que inaugurou o presidente. No que se refire a empregos en Galicia, entre ambas as factorías suman 250 empregados.
Marca fiel ás tradicións galegas
Larsa sempre se caracterizou por ser unha marca fiel ás tradicións galegas. Naceu en Chantada (Lugo) en 1933 e nos seus 86 anos de existencia nunca esqueceu a innovación.
Foi a primeira marca en obter a certificación “Leite de Pastoreo”, 100% galego, que é recollido en máis de 400 gandarías, reivindicando desta forma o valor da gandaría tradicional e a súa sostibilidade como máximo expoñente de respecto por esta, integradas nun medio natural. Ademais, os seus gandeiros perciben unha retribución un 5% superior ao prezo medio.
O mellor produto para os consumidores
Larsa apostou pola saúde e a boa alimentación do consumidor apoiándose na excelente calidade do Leite de Pastoreo e no respecto polos valores seguros da alimentación tradicional galega.
O sabor, unido ao pracer, foron dous piares nos que se apoiou Larsa a través do seu produto. Un claro exemplo son os seus emblemáticos iogures e os seus queixos.
A marca preferida dos galegos
En 2019 Larsa foi de novo a marca máis elixida na cesta da compra dos fogares galegos, segundo o estudo Brand Footprint 2019 de Kantar World Panel sobre marcas de grande consumo máis elixidas en España, sendo ademais o maior caso de éxito entre as marcas rexionais.
Os galegos tamén uparon o iogur de vainilla de Larsa coma o máis vendido de Galicia. Así mesmo, grazas a sabores coma licor café e queimada, converteuse na marca máis atrevida e innovadora do mercado. Sen esquecer o seu queixo de barra, que acompañou aos galegos de diferentes xeracións, e é tamén o máis vendido de Galicia.
Próximos lanzamentos da marca
A innovación é outra das características que fan de Larsa unha marca diferente para os consumidores polo seu Orixe Galicia e o seu Leite de Pastoreo.
Entre as próximas novidades que sairán ao mercado, encóntranse a maior gama de produtos en rebandas con Leite de Pastoreo, os queixos clásicos de Galicia nunha versión renovada (en taco, listos para cortar) ou a barra clásica reinventada coma barra “semicurada”.
Outro dos retos de Larsa é volver ser unha marca relevante (como xa fora nos anos 70 e 80) no mercado de Madrid a través dos seus queixos, con Orixe Galicia e Leite de Pastoreo coma estandarte.
Larsa, comprometida cos gandeiros galegos
Larsa é unha marca láctea galega comprometida cos gandeiros e adherida ao convenio “Produtos Lácteos Sostibles”, promovido polo Ministerio de Agricultura co obxectivo de fomentar un comercio sostible do sector lácteo. Larsa é líder no segmento do leite en brik na comunidade e fabrica iogures en Galicia, onde lidera as vendas deste produto. Larsa é o maior anunciante lácteo galego, cunha factoría produtora de leite en Lugo e outra encargada da produción de iogures e queixos en Vilagarcía de Arousa. Os produtos Larsa están a recibir o recoñecemento nacional e internacional nos máis prestixiosos certames agroalimentarios. Larsa experimentou unha modernización no seu posicionamento como marca saudable de Galicia que se adapta aos novos estilos de vida dos galegos.