Iogur Galaikos con Arandos

Un grego moi galego e equilibrado para os que se coidan coma no Olimpo
Galaikos con Arandos é o grego máis galego co que todos queren almorzar, merendar ou cear. Un iogur cun extra de cremosidade, o sabor 100% Galego do Leite de Pastoreo Certificado Larsa e o toque doce e á vez acedo dos arandos, a froita con máis antioxidantes. Porque coidarse con Larsa é doutro mundo.
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:490 kJ (118 Kcal)
  • Graxas:5,5 g
    • das cales
    • Saturadas:3,7 g
  • Hidratos de carbono:12,5 g
    • dos cales
    • Azucres:11,9 g
  • Proteínas:4,5 g
  • Sal:0,2 g
Leite enteiro, preparado de arando: 15% (auga, azucre, arando: 27%, amidón modificado, aroma natural, concentrado de cenoria negra, estabilizante: pectina, correctores de acedez: ácedo cítrico, citrato trisódico), nata do leite, leite en po desnatado, azucre, proteínas do leite, fermentos lácticos (leite).
Galaikos natural con arandanos

Extracremoso, delicioso e con todo o poder dos arandos

Galaikos con Arandos e Leite de Pastoreo é o iogur grego que estabas a esperar. Elaborado coa receita do clásico iogur grego e o mellor Leite 100% Galego, Leite de Pastoreo Certificado Larsa, Galaikos con Arandos transportarate ao Olimpo do sabor. Un iogur equilibrado que combina a súa cremosidade e suavidade natural co toque lixeiramente cítrico e doce dos arandos. Sabías que estas bagas moradas son a froita e o vexetal con maior cantidade de antioxidantes? Ideais para eses Larseiros que se coidan e están sempre estupendos, pasen os anos que pasen.

O iogur ideal para empezar o día... Ou a noite

Galaikos con Arandos e Leite de Pastoreo é ideal para comezar o día con bo pé, dentro dun almorzo digno de deuses clásicos. Gózao frío só ou engadido a un bol de cereais, como avea ou muesli e goza do seu extraordinario sabor. Ou déixao para última hora, coma un deses praceres nocturnos do teu sofá-refuxio. Galaikos con Arandos é en realidade un iogur marabilloso para calquera momento do día no que precises unha dose extra de sabor Larsa, da cremosidade e suavidade do Pastoreo e o resaibo acedo e doce dun bo arando.

218