Iogur sobremesa sabor torta de amorodos con nata

A túa torta favorita en versión iogur. Só fáltalle a candea!
Se es do equipo “amorodos con nata”, o noso iogur de sobremesa vaiche encantar. O seu sabor doce e a súa textura cremosa faranche sentir que estás a gozar unha porción da túa torta favorita. Agora si que lle saíu competencia ao noso Iogur tradicional de amorodo e ao Cremosísimo de amorodo!
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:402KJ (96Kcal)
  • Graxas:3,5 g
    • das cales
    • Saturadas:2,4 g
  • Hidratos de carbono:12 g
    • dos cales
    • Azucres:12 g
  • Proteínas:4 g
  • Sal:0,15 g
  • Calcio:140 mg (21,88% VRN)
Leite, preparado de amorodo: 15% (amorodos: 40%, azucre, amidón modificado, aromas, colorante: concentrado de cenoria e mazá, estabilizante: pectina, corrector de acidez: zume concentrado de limón, conservador: sorbato potásico, sal), leite en po desnatado, azucre, proteínas do leite, aroma, fermentos lácticos (leite).
Larsa-Sobremesa-TartaFresaNata

O iogur de Larsa que parece unha torta

O noso Iogur sobremesa torta de amorodos con nata elaborado con leite de Pastoreo está pensado para eses momentos nos que queres unha sobremesa fácil, rica e sen complicacións. É súper cremoso, coma se comeses un anaco de torta, pero en versión iogur. Perfecto para rematar unha comida con amigos, en familia ou para celebrar aniversarios 😉.

O que sempre apetece

Para gozar ao 100% do noso Iogur de sobremesa torta de amorodos con nata, recomendámosche consumilo ben frío, directamente da neveira. Ademais, o mellor é tomalo despois de comer ou nese momento no que deveces por algo doce e cremoso. É ese iogur de sobremesa que sempre apetece.

1826