Iogur desnatado con Amorodo
O mellor do noso iogur desnatado con Leite de Pastoreo e as vitaminas dos amorodos
Que máis se lle pode pedir a un iogur desnatado que enriquecelo coa vitamina C dos amorodos? Que estea tan delicioso como o Iogur Desnatado con Amorodo de Larsa e que, ademais, che axude a coidarte. Próbao! Non te decepcionará
- Valores medios por 100grs
- Valor Enerxético:152KJ (36Kcal)
- Grasas:0,1g
-
- do cal
- Saturadas: 0,1g
- Hidratos de carbono:4,7g
-
- do cal
- Azucres: 4,3g
- Proteinas:4,0g
- Sal:0,1g
- Calcio:130mg (16% VRN)

Un iogur desnatado cun 9 % de amorodos
O Iogur Desnatado con Amorodo está elaborado con Leite de Pastoreo e contén un 9 % de froita. Ademais de beneficiarte de todas as propiedades dos lácteos, tamén gozarás das vantaxes dos amorodos: pouca graxa e calorías, alto contido en fibra, vitamina C, antioxidantes, potasio e acedo fólico. Cremoso, doce e nutritivo ao mesmo tempo. Irresistible!
A consistencia do leite de vacas felices
As vitaminas do amorodo atopan no noso Leite 100 % galego o complemento perfecto para lograr un Iogur Desnatado con Amorodo tan sabedeiro. Porque Larsa é a primeira marca de Leite de Pastoreo certificada de Galicia; leite de vacas que pastan en liberdade, de vacas felices.