Iogur Galaikos con Ananás

O grego máis Larsa, agora con ananás, para darlle un toque fresco e tropical á cremosidade de sempre 
Galaikos con Ananás é o grego máis galego, pero esta vez cun toque tropical. A cremosidade do leite de Pastoreo Certificado Larsa combínase coa frescura zumarenta das ananás, logrando un equilibrio suave e refrescante. Un iogur inspirado na receita grega tradicional, pensado para desfrutar en calquera momento do día co inconfundible sabor Larsa.
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:441 kJ (115 Kcal)
  • Graxas:5,8 g
    • das cales
    • Saturadas:4,0 g
  • Hidratos de carbono:11,0 g
    • dos cales
    • Azucres:10,0 g
  • Proteínas:2,8 g
  • Sal:0,08 g
Leite, preparado de ananás:15% (azucre, ananás (30%), auga, amidón modificado, aroma, estabilizante: pectina, correctores de acidez: ácido cítrico, citrato tricálcico y citrato trisódico, conservador: sorbato potásico), nata (leite), xelatina, fermentos lácticos (leite)
galaicos-ananas-1200x1385-GL-2.jpg

Só ou co que máis che guste

Galaikos con Ananás está feito para gozalo á túa maneira: só, ben frío, ou acompañado de froita, cereais ou froitos secos. Tamén é perfecto para darlle un toque diferente ás túas sobremesas ou para achegar suavidade a receitas caseiras. Un clásico en Larsa cun toque tropical que anima calquera cullerada ou receita.

O ideal para os máis ‘larpeiros’ 

Galaikos con Ananás é suave, cremoso e está elaborado con leite de Pastoreo Certificado. Pero esta vez únese ao ananás para darlle un xiro fresco, doce, zumarento e lixeiramente ácido. Un iogur pensado para quen goza do auténtico, pero tamén lle gusta deixarse sorprender por sabores novos. Porque o de sempre, en Larsa, sempre pode ter algo novo.

3107