Iogur Sobremesa sabor Licor café
Unha homenaxe ao produto máis asociado ás longas sobremesas galegas que se converteu nun fenómeno único
A demostración do noso amor incondicional polo iogur e pola nosa orixe é a Sobremesa de Licor Café con Leite de Pastoreo. Un iogur con sabor a licor café que xa é moito máis que un iogur: é unha homenaxe ao sabor máis tradicionalmente vencellado ás longas sobremesas entre amigos ou en familia
- Valores medios por 100grs
- Valor Enerxético:393KJ (94Kcal)
- Grasas:3,3 g
-
- do cal
- Saturadas: 2,2 g
- Hidratos de carbono:12,2 g
-
- do cal
- Azucres: 11,5 g
- Proteinas:3,7 g
- Sal:0,1 g
- Calcio:120 mg (15% VRN)

A tradición que nos superou
A Sobremesa de Licor Café naceu no 2016 xunto con outros novos sabores cos que quixemos honrar os produtos senlleiros da nosa gastronomía. Sen nada de alcol, pero todo o sabor do licor café, o lanzamento foi un fenómeno viral e comercial sen precedentes que esgotou as existencias dos supermercados e a nosa capacidade de produción durante semanas.
Goza do sabor do chupito máis popular
Se es dos que non perdoa o licor café, brindámosche a sobremesa perfecta para que te ergas da mesa con ese celme a doce e café, pero sen nada de alcol. Unha sobremesa láctea perfecta tamén como merenda ou para ese momento de relax no sofá.