Iogur sabor Ananás
O primeiro iogur de ananás elaborado en Galicia e a homenaxe máis cremosa á primeira froita tropical que coñecemos
En Larsa sempre nos gustou innovar. E boa proba diso é o noso Iogur de Ananás con Leite de Pastoreo, o primeiro dos iogures con sabor a ananás elaborado en Galicia. A homenaxe máis cremosa á primeira froita de orixe tropical que fixemos nosa. Goza do mellor iogur con sabor a ananás!
- Valores medios por 100grs
- Valor Enerxético:342KJ (81Kcal)
- Grasas:2,3 g
-
- do cal
- Saturadas: 1,6 g
- Hidratos de carbono:11,6 g
-
- do cal
- Azucres: 11,6 g
- Proteinas:3,7 g
- Sal:0,1 g
- Calcio:120 mg (15% VRN)

A guinda perfecta para unha comida ou merenda
O iogur é un fermento láctico con múltiples propiedades nutricionais que o fan ideal como merenda, almorzo, petisco… e perfecto como sobremesa. Destápalo e telo listo para comer! Ponlle un Iogur de Ananás con Leite de Pastoreo Larsa como guinda á comida de grandes e cativos. Non deixarán nada!
Leite de pastoreo, a nosa materia prima
O sabor diferencial dos iogures Larsa e do noso Iogur de Ananás é o Leite de Pastoreo, obtido de vacas que pastan a diario ao aire libre. Leite con corpo que fai que os nosos iogures sexan diferencialmente cremosos.