Iogur desnatado con Framboesa

Deléitate co intenso sabor a framboesa co cremoso iogur Larsa de sempre, e con menos de 50 calorías!
O Iogur desnatado con Framboesa é unha das nosas últimas incorporacións aos xa icónicos iogures Larsa, elaborados con Leite de Pastoreo Certificado. Ese é o noso gran segredo ao que agora lle unimos o intenso sabor dun dos nosos froitos vermellos favoritos: auténtica e deliciosa framboesa.
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:149 KJ (35 Kcal)
  • Graxas:0,1 g
    • das cales
    • Saturadas:0,1 g
  • Hidratos de carbono:4,6
    • dos cales
    • Azucres:4,0 g
  • Proteínas:4,0 g
  • Sal:0,1 g
  • Calcio:130 mg (16% VRN)
Leite desnatado, preparado de framboesa: 15% (framboesa 60%, amidón modificado, correctores de acidez (ácido cítrico, citrato trisódico), aroma, estabilizante (pectina), colorantes (concentrado de cenoria negra), conservador (sorbato potásico)), leite en po desnatado, proteínas do leite, edulcorante (sucralosa), fermentos lácticos (leite)
Desnatado-con-frambuesa_WEB

Auténtica froita e leite 0% materia graxa

O Iogur desnatado con Framboesa está elaborado con Leite de Pastoreo desnatado e con 11,25 gramos de xenuína framboesa. Un iogur cremoso, con todo o sabor de Larsa, 0,1% de materia graxa e menos de 50 calorías por cada 100 gramos de produto. Un alimento perfecto para toda a familia. Se aínda non o probaches, faino. Seguro que non durará na túa neveira!

Perfecto a calquera hora

Se che gustan os froitos vermellos e coidarte, proba o noso novo Iogur desnatado con Framboesa. Ideal de sobremesa, só ou combinado con cereais para almorzar e merendar ou como complemento desa cea lixeira pero chea de sabor. E ademais, cada un dos nosos iogures contén un 20% do calcio que o teu organismo precisa cada día.

2080