Iogur sabor Macedonia

O que faltaba! A mestura das túas froitas favoritas no vasiño de Iogur Larsa.
Elaborado con Leite de Pastoreo, o Sabor Macedonia súmase á gama de sabores de Larsa. Trátase dun sabor que non podía faltar na familia larseira, un iogur refrescante, cunha textura cremosa, perfecto para toda a familia.
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:342 KJ (81 Kcal)
  • Graxas:2,3 g
    • das cales
    • Saturadas:1,6 g
  • Hidratos de carbono:11,4 g
    • dos cales
    • Azucres:11,4 g
  • Proteínas:3,7 g
  • Sal:0,1 g
Leche parcialmente desnatada, azúcar, lecheen polvo desnatada, aroma de macedonia, colorantes (E-120, E100), fermentos lácticos (leche).
yogur sabor macedonia

Todo un clásico!

Cando pensamos nos sabores míticos dos iogures de toda a vida, véñensenos á cabeza: Natural, Amorodo, Limón… E Macedonia! Larsa non podía permitirse non contar entre a súa familia de sabores co tradicional Sabor Macedonia. Un iogur afrutado e refrescante, ideal para gozar en calquera momento.

Sabes por que se chama “Macedonia”?

O nome de “macedonia” ten unha orixe histórica. Remóntase a Alejandro Magno, rei de Macedonia, cuxo imperio reuniu distintos pobos, linguas e culturas. Máis adiante popularizouse o termo non só para referirse a unha “mestura de cousas diferentes”, senón tamén á gastronomía, facendo referencia a esta deliciosa “mestura de froitas”.

592