Iogur Sobremesa sabor Abelás

Desta volta, co sabor suave da abelá para alongar as túas sobremesas un pouco máis
Non lle deas máis voltas, sabemos que a nosa Sobremesa de abelá é ese capricho que sempre apetece despois de xantar. O seu sabor suave e torrado, xunto coa textura cremosa do leite de Pastoreo, converten este iogur nunha sobremesa próxima, sinxela e deliciosa, desas que se gozan sen présa.
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:403KJ (96Kcal)
  • Graxas:4,4 g
    • das cales
    • Saturadas:2,4 g
  • Hidratos de carbono:10 g
    • dos cales
    • Azucres:10 g
  • Proteínas:4,1 g
  • Sal:0,13 g
  • Calcio:140 mg (17,50% VRN)
Leite, preparado de abelás: 15% (azucre, abelás: 10%, amidón modificado, colorante: caramelo natural, aroma, estabilizante: goma xantana, emulxente: mono e diglicéridos de ácidos graxos, correctores de acidez: ácido cítrico e citrato trisódico, conservador: sorbato potásico),(leite) po desnatado, azucre, proteínas do (leite), aroma, fermentos lácticos ((leite)), Pode conter froitos de casca
abellanas 1200x1385 - GL

Un capricho, deses que sempre apetecen 

A Sobremesa de abelá é deses iogures que acaban aparecendo por sorpresa despois de xantar. Non fai falta pensalo moito: apetece, ábrelo e xa está. O seu sabor suave e torrado, xunto coa súa textura cremosa, fai que cada cullerada se goce e se saboree con calma.

A orixe nótase en cada cullerada

O leite de Pastoreo co que facemos os nosos iogures vén de vacas que pacen en liberdade nos prados galegos, alimentándose de forma natural. Ese coidado nótase no resultado: un leite de gran calidade que achega unha textura cremosa e un sabor máis auténtico. Nesta Sobremesa de abelá reflíctese igual, nun iogur delicioso cunha cremosidade inigualable.

2288