Iogur natural desnatado
Un iogur natural desnatado co mellor sabor do Leite de Pastoreo Larsa
O Iogur Desnatado Natural con Leite de Pastoreo mantén o mellor sabor da nosa gama de iogures tradicionais, sabor que o converteu nun dos favoritos dos amantes dos iogures de Larsa. Na súa versión desnatada, o Iogur Natural conserva o seu sabor máis tradicional e a súa textura cremosa, típica do leite de pastoreo, pero agora con menos calorías para axudar a que te coides
- Valores medios por 100grs
- Valor Enerxético:162KJ (38Kcal)
- Grasas:0,1g
-
- do cal
- Saturadas: 0,1g
- Hidratos de carbono:5,1g
-
- do cal
- Azucres: 5,1g
- Proteinas:4,2g
- Sal:0,1g
- Calcio:150mg (19%VRN)


Un clásico en versión desnatada
O noso Iogur Natural Desnatado é un clásico que non pode faltar na neveira de calquera amante do iogur. Só, con mel, con azucre, con froitas… Réndete ao sabor diferencial de Larsa, a primeira marca de Leite de Pastoreo certificada de Galicia.
Un iogur para que te coides
O Iogur Natural Desnatado de Larsa axúdache a coidarte mentres gozas do sabor e a cremosidade do mellor iogur elaborado con Leite de Pastoreo. Ademais, ten a cantidade xusta de iogur para facer máis esponxosos os teus biscoitos de iogur. Úsao como vaso de medida e dálles un toque san aos teus doces.