Leite sen lactosa desnatado
O leite 0 % sen lactosa que sabe a leite de verdade
Se che encanta o sabor do leite de toda a vida, pero buscas un produto sen lactosa e cun 0 % de materia graxa, o Leite de Pastoreo Desnatado Sen Lactosa non te ha deixar indiferente. Porque é Leite de Pastoreo co sabor de sempre, pero sen lactosa para que o poidas tomar sexa cal sexa a túa intolerancia.
- Valores medios por ración: 100ml
- Valor Enerxético:138KJ (33Kcal)
- Grasas:0,1g
-
- do cal
- Saturadas: 0,07g
- Hidratos de carbono:4,7g
-
- do cal
- Azucres: 4,7g
- Proteinas:3,2g
- Sal:0,1g
- Calcio:120mg (15% VRN)

Leite sen Lactosa 100 % galego
O segredo do noso sabor auténtico é a alimentación natural das nosas vacas nos mellores prados de Galicia, con auga e espazo abondos, o que fai de Larsa a primeira marca de Leite de Pastoreo certificada por SGS S.A., entidade líder en inspección e verificación.
Sen lactosa e baixo en calorías
O noso leite desnatado co sabor e o corpo intenso de sempre, agora para intolerantes á lactosa. Desfruta do noso leite sen lactosa desnatado, sen graxas e baixo en calorías, pero con todo o calcio do enteiro: 120 mg en cada vasiño de 100 ml; o 15 % da cantidade diaria recomendada para un adulto.