Leite sen lactosa semidesnatado

O sabor auténtico do Leite de Pastoreo sen lactosa e coa metade de graxa.
O leite de Pastoreo sen lactosa semidesnatado reúne todas as características que distinguen o Leite de Pastoreo, pero coa metade de graxa que o leite enteiro e, o que é máis importante, adaptado para intolerantes á lactosa.
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:190KJ (45Kcal)
  • Graxas:1,55g
    • das cales
    • Saturadas:0,10g
  • Hidratos de carbono:4,65g
    • dos cales
    • Azucres:4,65g
  • Proteínas:3,15g
  • Sal:0,1g
Leche semidesnatada sin lactosa
Leche_ Sin_Semidesnatada@2x

Leite de Pastoreo certificado

Co leite sen lactosa semidesnatado poderás gozar do sabor, o corpo e a textura do Leite de Pastoreo Larsa, pero sen renunciar a coidarte. Un leite sen lactosa semidesnatado avalado polo selo de SGS S.A., entidade líder en inspección e verificación. O noso leite máis clásico.

Sen lactosa e con menos calorías

Cada vaso de 100 ml de leite sen lactosa semidesnatado de Larsa só ten 1,5 gramos de materia graxa e contén o 15 % das necesidades de calcio diarias recomendadas para unha persoa adulta. Todo o que os intolerantes á lactosa necesitan para se coidar, co sabor auténtico do Leite de Pastoreo de sempre, pero con menos calorías.

878