A graxa láctea: todo o que precisas saber

O leite é un alimento que está presente na alimentación de moitas persoas, xa sexa por medio dos derivados lácteos (queixo, iogur ou kéfir) como polo consumo do leite só. A composición nutricional do leite é moi completa, á vez que se trata dun alimento de fácil dixestión. É importante destacar que a composición nutricional varía dependendo dunha serie de factores como son a alimentación, a xenética, a fase de lactación, a idade ou o estado fisiolóxico do animal.  

Dependendo do leite consumido ou empregado na elaboración dos produtos lácteos, a porcentaxe graxa será maior ou menor. O contido deste macronutriente varía nos 3 tipos de leite que temos en Larsa. No leite enteiro, a parte lipídica proporciona a metade das calorías, en cambio no semidesnatado e o desnatado o contido é moito menor.  

A graxa láctea é un macronutriente moi a ter en conta xa que está presente en moitas elaboracións, especialmente nas sobremesas debido as súas características organolépticas. A súa achega nutricional é importante xa que proporciona unha cantidade importante de vitaminas liposolubles, á vez que axuda a aumentar o efecto saciante.  

Esta atópase en forma de glóbulos rodeados dunha membrana de natureza lipoproteica composta principalmente por fosfolípidos e glicoproteínas.  

Identificáronse máis de 400 ácidos graxos no leite de vaca. Unha diferenza importante, con respecto ao resto de graxas comestibles, é que boa parte deles son ácidos graxos de cadea curta e media. 
 

Posúen características a ter en conta: 

  • Absórbense facilmente.
  • Constitúen unha fonte de enerxía inmediata e presentan unha baixa tendencia a ser almacenados no tecido adiposo. 
  • O ácido butírico, exclusivo da graxa láctea, é a principal fonte de enerxía do epitelio do colon. 

A pesar da mala fama, varios estudos analizaron o papel da graxa láctea con relación a distintas enfermidades dando como resultado unha relación neutra ou mesmo preventiva.  

1316