Cantos iogures se poden consumir ao día nunha dieta saudable

O iogur é un dos alimentos máis habituais na nosa alimentación. Tomámolo no almorzo, como sobremesa, na merenda ou mesmo como parte de receitas doces e salgadas. Pero, aínda así, moitas persoas seguen preguntándose cantos iogures se poden comer ao día dentro dunha dieta saudable. É bo tomar iogur todos os días? Hai un límite recomendado? Imos resolvelo paso a paso.

Que achega o iogur desde o punto de vista nutricional

O iogur é un lácteo fermentado que se obtén a partir do leite grazas á acción de dous fermentos lácticos: Streptococcus thermophilus e Lactobacillus bulgaricus. Este proceso de fermentación é a orixe  dunha matriz láctea única, na que os nutrientes non actúan de forma illada, senón que interactúan entre si, favorecendo a súa dixestión e aproveitamento.

Desde o punto de vista nutricional, o iogur destaca por ser un alimento cunha alta densidade nutricional: achega proteínas de alta calidade, calcio de fácil absorción, vitaminas do grupo B (especialmente B2 e B12) e, en menor medida, outros minerais como o fósforo, potasio, magnesio ou iodo, cun achegue enerxético moderado.

Desde a infancia ata a idade adulta, o iogur é un alimento versátil, accesible e doado de consumir. Ademais, encaixa perfectamente en distintos momentos do día, o que facilita que moitas persoas o inclúan de forma habitual na súa alimentación.

Cantos iogures se poden comer ao día: que din as recomendacións

Cando falamos de cantos iogures se poden comer ao día, a clave está nas recomendacións de consumo de lácteos.

As guías dietéticas aconsellan consumir entre 2 e 4 racións de lácteos ao día, dependendo da idade, da etapa da vida e das necesidades nutricionais individuais. O iogur pode ser unha ou varias desas racións.

É importante aclarar que se considera unha ración de iogur:
• 1 ración de iogur equivale a 250 g, é dicir, 2 iogures de 125 g.

Polo tanto, nunha dieta saudable, o máis habitual é consumir unha ración diaria de iogur, o que corresponde a dous iogures. Esta cantidade pode combinarse con outras racións de lácteos, como o leite ou o queixo.

Porén, tendo en conta a recomendación de consumir 3 racións de lácteos ao día de media, e que dous iogures corresponden a unha ración, se non consumimos leite ou queixo poderiamos consumir ata 6 iogures de 125 g cada un.

O importante é que o consumo total de lácteos diario se manteña dentro das recomendacións e que o iogur non despraze outros alimentos necesarios da dieta.

É recomendable comer iogur todos os días?

Si, o consumo diario de iogur está recomendado nun patrón de alimentación saudable e equilibrada. E se ademais está elaborado con leite de Pastoreo, como os nosos iogures Larsa, mellor que mellor 😉.

Os estudos amosan que as persoas que consumen iogur de forma habitual adoitan ter:
• Unha dieta de maior calidade
• Mellor adecuación de nutrientes como o calcio
• Un estilo de vida máis saudable en xeral

En resumo, Larseiro, pódese consumir iogur todos os días dentro dunha dieta saudable. A recomendación xeral é polo menos unha ración diaria, que equivale a dous iogures de 125 g, como parte das 2-4 racións de lácteos recomendadas.

502