5 ideas de snacks ou merendas tradicionais e saudables

Se botas a vista atrás e lembras as merendas da túa infancia, véñenseche á cabeza: chocolate con pan, galletas con manteiga e azucre, un bocadillo de plátano… Agora pódennos parecer unha delicia… Ou un ataque a unha dieta saudable!

A forma de alimentarnos cambiou, pero hai algo que sempre permanece (e máis se falamos de incorporar produtos Larsa): O sabor do Pastoreo.

Neste post de blog contámosche os nosos snacks ou merendas saudables favoritos. E si, agora tamén gañaron o título de  snacks ou merendas tradicionais 😉

Segue lendo e toma nota.

Que produtos Larsa podo usar para merendar ou de snack?

Aínda que non o creas, existe vida ademais do iogur de vainilla 😉 Sabemos que é o mellor (a nós tamén nos pasa) pero hoxe ensinámosche que produtos da nosa variedade podes usar para preparar as túas merendas ou para os teus caprichos saborosos e saudables de mediodía.

1| A base de todo: o leite

O noso é un leite natural, de Pastoreo e 100% galego. O secreto non é outro que a súa esencia, vacas que se alimentan de pastos, ao aire libre. Ademais adáptase ás túas necesidades e as da túa familia en calquera dos seus formatos: Enteiro, Semidesnatado ou  Desnatado, pero sempre con todo o sabor e a cremosidad do Pastoreo Larsa.

2| A xoia da coroa: o iogur

Si, sabémolo, un iogur de vainilla non precisa nada máis, pero podes a descubrir a numerosa gama de iogures e sobremesas lácteos do mercado: a nosa! Non imos dicir nada do sabor e textura que teñen os nosos produtos, porque sabes que é o que os fai únicos. Que vivan os Iogures elaborados con Leite de Pastoreo Larsa!

3| É imposible que non lle guste a ninguén: ola, queixo!

Neste caso, centrándonos nas receitas fáciles, rápidas e saudables que imos presentar, usaremos o Queixo Fresco Larsa. Non hai combinación que resista ao seu resaibo suave e fresco, ademais de ser a perfecta achega de proteínas para unha ensalada ou unha sobremesa chea de calcio. Toda a calidade de Larsa nun queixo lixeiro, o auténtico queixo fresco. Para que pedir máis se podemos telo todo nun produto?

5 exemplos de merenda saudables

1| Iogur natural Larsa con froitas do bosque

Buscabas unha receita que puideses facer en tempo récord? Témola!

Destapa un Iogur Natural Larsa, verte o seu contido nun vaso e decórao como queiras usando arandos, frambuesas, mouras, amorodos… Dálle cor á túa merenda!

E xa se queres converter a elaboración nunha obra de arte, podes usar un pouquiño de mel, ademais de sementes de sésamo ou liño que lle darán un toque “crocante” e achegan grandes beneficios e vitaminas.

2| Galletas de avea

Queres ser deses compañeiros de traballo ou amigos que sempre presumen das súas galletas caseiras? Reúne 3 ingredientes e non só poderás sumar á lista, senón que conseguirás que as túas sexan as máis saborosas. Palabra de Larseiros!

Para iso necesitas: un plátano maduro, flocos de avea e canela moída (opcional)

Paso a paso:

  • Chafa o plátano coa axuda dun garfo (o ideal é que o plátano estea moi maduro para que sexa máis fácil).
  • Mestúrao con flocos de avea (a ollo, que é como mellor saen as receitas larseiras, aínda que se tes medo a arriscar, con 30 gramos tes suficiente). Neste punto, se queres, podes incluír á masa un pouco de canela.
  • Reparte a masa en pequenas porcións, máis ou menos a cantidade que cabe nunha cullerada de sobremesa e… Ao forno durante 15-20 minutos!

Están deliciosas. Gárdaas nun tarro de cristal con tapa para comelas cando queiras (se é que sobran, claro) 😉

3|  Pudding de chía e froita

Como almorzo máis completo, a media mañá ou a merenda con máis nutrientes… Esta receita  facilísima cabe nun pequeno “tupper” e é o mellor para saciar e alimentarte correctamente esteas ou non na casa.

Para facer o pudding de chía e froita precisas: un Iogur Natural Larsa, sementes de chía e a túa froita favorita.

Paso a paso:

  • Mestura unha cullerada sopeira de sementes de chía dentro dun Iogur Natural  Larsa.
  • Resérvao na neveira unha ou dúas horas para que teña a consistencia de pudding.
  • É o momento de que o decores ao teu gusto, engadindo a túa froita favorita por encima.
  • E a gozar!

Lembra que tamén podes deixar toda a noite na neveira a mestura da chía co iogur e así, cando espertes, o teu almorzo estará listo e poderás gozar do sabor de Pastoreo Larsa dunha forma diferente.

4| Mazá con queixo

En castelán adóitase dicir “uvas con queso saben a beso” pero hoxe preferimos cambialo pola mazá.

Como ves, do mesmo xeito que o resto de receitas anteriores, os ingredientes e a elaboración non poden ser máis fáciles. Apenas necesitas 3 ingredientes e escasos minutos de elaboración.

Neste caso precisas: Queixo Fresco Larsa e unha mazá (se é aceda, mellor). Tamén podes empregar mel, pero é opcional.

O paso a paso é  súper sinxelo:

  • Desmolda o Queixo Fresco e pono nun bol, báteo ou mestúrao lixeiramente (cun garfo é suficiente, non che fará falta batedora) para que colla a textura de requeixo ou de queixo batido.
  • Pela a mazá e córtaa en láminas que mesturarás co Queixo Fresco “batido”.
  • Isto é opcional, pero se lle pos un pouquiño de mel por encima… Delicioso!

É sinxelo, saboroso e ademais é saudable. Mazá e queixo poden ser a parella perfecta para os teus snacks ou merendas.

5|  Tortas de avea e cenoria

Deixamos para o final o  tentempié que require algo máis de elaboración… Pero sen pasarnos,  Larseiro, que sabemos que estás moi ocupado.

Para levalo a cabo necesitas só 4 ingredientes: fariña de avea, cenoria, ovo e Leite Enteiro de Pastoreo Larsa.

Paso a paso:

  • Tritura na batedora uns 40 g de fariña de avea, a cenoria, o ovo e o leite ata que consigas unha textura como a dun iogur.
  • Engraxa unha tixola e cando estea ben quente verte a mestura.
  • Tapa a tixola para que a torta colla consistencia e, finalmente, dálle a volta para que a parte superior teña unha cor tostado.
  • E listo!

Están deliciosas soas, con canela, con marmelada, con manteiga… Ou mesmo para acompañar os nosos queixos!

Só tes que botarlle imaxinación, Larseiro. Vas facer algunha destas receitas? Compárteas nas redes sociais!

1319