O leite é un produto que provén de orixe animal, polo que é libre de glute por natureza. Isto é ben coñecido polo colectivo celíaco quen, desde a Federación de Asociacións de Celíacos de España, consideran este alimento como “verde” ou “xenérico” é dicir, apto para o consumo por celíacos. Por iso todos os produtos Larsa son perfectamente seguros para toda a familia.
O leite e derivados, por exemplo a nata, a manteiga, o iogur natural e o queixo; é dicir derivados sen ingredientes susceptibles de levar glute, son alimentos totalmente aptos para as persoas celíacas.
Que é o glute?
O glute é unha proteína de orixe vexetal, concretamente unha glucoproteína que se atopa en cereais de consumo tan habitual como o trigo, a cebada, o centeo ou a avea, e noutros cereais que son de consumo menos frecuente, como son a espelta e o triticale.
Ten pouco poder nutritivo pero un alto poder tecnolóxico, sendo o responsable da elasticidade da masa de fariña, da súa esponxosidade e da variación do volume, dando lugar a un produto máis apetecible e saboroso.
É o mesmo intolerancia ao glute que alerxia ao glute?
A enfermidade celíaca é unha patoloxía hereditaria autoinmune caracterizada por unha intolerancia permanente e crónica ao glute. Padécena persoas que están predispostas xeneticamente e caracterízase por unha lesión da mucosa do intestino delgado que provoca unha atrofia das vellosidades intestinais, o que provoca unha inadecuada absorción dos nutrientes dos alimentos (proteínas, graxas, hidratos de carbono, sales minerais e vitaminas).
Intolerancia
Sabes o que é unha intolerancia alimentaria?
A intolerancia alimentaria é a reacción adversa do organismo ante a inxesta de determinados alimentos, aditivos e conservantes que provocan no sistema inmunolóxico a formación de anticorpos fronte a proteínas de determinadas substancias alimentarias.
A maior parte da poboación tolera a inxesta de glute, aínda que outra gran parte da mesma non é capaz. Para este tipo de persoas o consumo de produtos con glute pode provocar problemas de saúde. Esta sensibilidade principalmente baséase na falta das encimas necesarias que dixiren este composto en fragmentos máis pequenos, o que conduce a problemas autoinmunitarios (enfermidade celíaca) alérxicos (como son a alerxia respiratoria, a alimentaria ou a de contacto) e de sensibilidade.
Alerxia
Sabes o que é unha alerxia alimentaria?
A alerxia alimentaria é unha reacción do sistema inmunitario que ocorre pouco despois de inxerir un determinado alimento. Incluso unha pequena cantidade do alimento que causa a alerxia pode ocasionar signos e síntomas, como problemas dixestivos, urticaria ou inflamación das vías respiratorias.
A alerxia ao glute é unha resposta inmunolóxica que se produce no organismo afectando o noso intestino, mentres que a sensibilidade ao glute é unha patoloxía onde non intervén o sistema inmunitario pero que si se caracteriza por síntomas intestinais en individuos que non presentan enfermidade celíaca.
Entón, os produtos de Larsa non levan glute?
Ningún dos nosos produtos ten glute, salvo o iogur desnatado con cereais e fibra. Tal e como che diciamos ao comezo deste post, son perfectamente seguros para toda a familia. Goza do sabor mentres coidamos a túa saúde!