De entre todos os minerais, o calcio é o máis abundante do noso corpo. Nun home adulto pode supoñer entre 1,2 Kg e 1,5 Kg do seu peso corporal, mentres que para as mulleres este mineral supón ao redor de 1 Kg do seu peso.
O 99% de este calcio está no sistema óseo e nos dentes, mentres que o 1% restante atópase no sangue e nas células. Esta pequena porcentaxe localizada fóra dos ósos e os dentes é de gran importancia, xa que participa en funcións tan importantes como o latexo do corazón.
A fortaleza dos ósos fórxase na nenez
Na infancia, o consumo regular de lácteos facilitará un apropiado contido mineral do esqueleto nos anos posteriores, e mesmo en idades máis avanzadas. Deste xeito, aqueles nenos que, entre os 3 e 13 anos non consomen cantidades adecuadas deste mineral, amosan un balance negativo de calcio, menos densidade ósea e maior risco de fractura en idades avanzadas.
Por outra banda, son varios os estudos que conclúen que a inxesta adecuada de leite durante a adolescencia asóciase a un maior contido de mineral óseo na columna lumbar e no radio durante a etapa do desenvolvemento no que se logra o pico de masa ósea.
Cando o corpo non ten calcio, tírao dos teus osos e dentes!
Resulta sumamente importante manter un balance de calcio positivo durante a adolescencia. Acadar unha boa máxima de masa ósea, previrá a enfermidade osteoporótica. Para iso, este balance positivo debe manterse polo menos ata 4 anos despois de finalizado o crecemento lonxitudinal dos ósos. Por iso, é recomendable que a alta provisión de calcio na dieta no período da adolescencia sexa continuada polo menos ata os 24 anos.
A nivel bucodental, o Calcio resulta xunto co Flúor, esencial, xa que en forma de Fluoruro de Calcio actúa coma barreira protectora do esmalte fronte ás agresións externas. Se a nosa dieta achéganos pouco calcio, o noso corpo extraerao dos ósos e dentes provocando a nivel sistémico o que coñecemos como osteoporose, e desmineralización dental.