Dobre estrea: Tenda Larseira e Snacks Crocantes 100% Queixo Semicurado

En Larsa gústanos festexar dobre, así que ademais de estrear nova Tenda Larseira, lanzamos un novo produto: Snack Crocante 100% Queixo Semicurado.  

A Tenda Larseira é un espazo por e para os máis Larseiros, un lugar onde atopar os teus novos produtos favoritos. E aínda que é mellor que a descubras ti mesmo, adiantámosche que na nova tenda poderás atopar unha colección de roupa Larsa composta por Suadoiro Larseiro, Camiseta Larseira ou Bolsa Larseira para os que queiran vestir o ADN de Larsa e levar o noso lema #AquíFacémoloAsí a todas partes. Tamén poderás descubrir un apartado de Pastoreo, tan necesario para nós, e o vídeo da última campaña que, se aínda non viches, dálle ao play e… Say Cheese!  

Na Tenda Larseira tamén poderás descubrir o noso último lanzamento; un Snack Crocante 100% Queixo Semicurado. Un aperitivo de 20 gramos, alto en proteína, rico en calcio e sen glute, para gozar onde queiras da forma máis saudable e natural. Perfecto para media mañá ou petiscar entre horas!  

Navega pola tenda, descubre os nosos produtos e consegue os teus esenciais máis Larseiros. Para acceder, podes facer clic aquí ou entrar a través do menú da nosa web principal no botón “TENDA”.  

Esperámoste! 

1073