Mercar os teus iogures Larsa ten premio: Chegan as tapas máxicas!

Imaxina que un día calquera vas ao supermercado para mercar os teus iogures Larsa preferidos e acabas con 1.000 euros no teu peto. Pois agora xa é posible. Do 21 de abril ao 30 de xuño, chegan as tapas máxicas!: os teus iogures Larsa poden esconder premios de 100, 500 e 1.000 € en metálico.  

Esta promoción está incluida en calquera das variedades de iogures de Larsa. O mellor? Participar é ben sinxelo! Só tes que mercar calquera dos sabores que forman parte da variedade de iogures Larsa e destapar para comprobar se ese envase está premiado ou non. 

En caso de resultar premiado, o importe do premio virá impreso na parte interior da tapa. Se a tapa non está premiada, non terá nada. Se o está, poderás gañar 100€, 500€ ou 1.000 €.  

Se es un dos gañadores, poderás obter o teu diñeiro enviando as fotografías da tapa e o comprobante de compra ao correo tapasmaxicas@leitelarsa.es ata o 13 de xullo.  

Con estes premios, gozar do Pastoreo Larsa vai saber mellor que nunca. A próxima vez que vaias ao súper e compres os teus iogures, comproba se teñen unha tapa máxica porque “habelas, hainas” 😉. 

Para máis información e detalles sobre a promoción, consulta as bases legais na web.  

1481