Raspa e Gaña cafeteiras coas botellas de leite tradicional 1,5L de Larsa

As novas botellas de leite tradicional Larsa non veñen cun pan debaixo do brazo, senón cunha cafeteira! Coa promoción «Raspa e gaña cafeteiras» podes conseguir unha das catro cafeteiras da marca Cecotec ao mercar 4 botellas de leite tradicional Larsa en formato 1,5L nos Hipermercados Alcampo Vigo I, Alcampo Vigo II, Alcampo Vigo III e Alcampo Vilagarcía.  

Contámosche como facelo! 

Que podes gañar?  

Sorteamos 4 cafeteiras de goteo programable Coffee 66 Smart Plus, 950W, da marca Cecotec, para que goces dos mellores cafés feitos co noso leite tradicional de Pastoreo. Son o tándem perfecto! 

Como participar? 

  1. Merca 4 botellas de Leite tradicional Larsa en formato 1,5L en calquera das súas variedades (enteira, semidesnatada ou desnatada). Podes adquirilas en pack ou combinando 4 botellas de distintas variedades. 
  2. Presenta o teu tícket de compra en Atención ao Cliente do Hipermercado Alcampo no que realizaches a adquisición para conseguir o cupón Raspa e Gaña.  
  3. Raspa o teu cupón e se destapas a palabra “PREMIO” gañas unha das 4 cafeteiras Cecotec!  
  4. Non existe límite de botellas en cada compra. Por cada 4 botellas mercadas xuntas, obterás un cupón. Se mercas 8 botellas de Leite tradicional de 1,5L no mesmo tícket, 2 cupóns Raspa e Gaña, e así sucesivamente!  

Lembra que cada tícket só se pode usar unha vez. Hai un raspa premiado en cada un dos 4 establecementos adheridos á promoción! 

Onde podes conseguir os cupóns Raspa e Gaña? 

Esta promoción levarase a cabo únicamente nos Hipermercados Alcampo de Vigo e Vilagarcia.  

  • Hipermercado Alcampo Vigo I: O Grove, 1 – Polígono de Coia. 36209 (Vigo) 
  • Hipermercado Alcampo Vigo II: Avda. Madrid, s/n. 36214 (Vigo) 
  • Hipermercado Alcampo Vigo III: Praza Estación, 1 (C.C. Vialia). 36201 (Vigo) 
  • Hipermercado Alcampo Vilagarcía: Avda. As Carolinas, 25. 36600 (Vilagarcía de Arousa) 

Queres saber máis? 

A promoción está aberta ata o 31 de agosto de 2024. 

Para máis información e detalles sobre a promoción, consulta as bases legais na web. 

1105