Gaña unha fritideira de aire cos novos lanzamentos de Pastoreo Larsa

Mercar os nosos últimos lanzamentos de Pastoreo ten premio! Anímate a probalos e participa na promoción que acabamos de lanzar en exclusiva en colaboración con Gadis.

Que podes gañar?

Poderás levar unha das 15 fritideiras de aire Cecotec 4992 Cecofry Bombastik 6000 que sorteamos, perfecta para preparar receitas saudables e irresistibles para toda a familia grazas á súa gran capacidade.

Como participar?

Contámoscho! É moi sinxelo:

  1. Merca en calquera establecemento Gadis de Galicia ou Castela e León alomenos 3€ dos nosos últimos lanzamentos:
  • Leite entero, semidesnatado ou desnatado en formato botella de 1,5l.
  • Iogur da gama Galaikos: Natural, Natural con Mel ou con Arandos.
  1. Envíanos por WhatsApp unha foto do ticket de compra ao seguinte número de teléfono: 664 33 21 37.

Non o esquezas! No ticket deben figurar os produtos adquiridos polo valor especificado, o supermercado e a data e a hora de compra.

Poderás participar tantas veces como desexes con diferentes tickets antes de que finalice o periodo promocional o 25 de setembro de 2024.

Consulta todos os detalles do sorteo neste documento de bases legais.

Agardamos polo teu ticket de compra!

998