Todo o sabor e frescura do Pastoreo, agora en botella extragrande!

Se es un amante do Leite de Pastoreo, temos unha boa nova para ti, larseiro! En Larsa lanzamos o noso Leite de Pastoreo, nas variedades enteiro, semidesnatado e desnatado, nun novo formato máis grande: a nova botella de 1,5L. Este lanzamento é ideal para que familias grandes ou tamén fogares onde se consome moito leite non queden sen ela.

Aproveita ata a última pinga

A nosa nova botella de 1,5L, ademais de permitirte gozar dunha cantidade extra de Leite de Pastoreo, é moi práctica grazas ao seu tapón de rosca antigoteo, que asegura unha vertedura limpa e fácil. Así, poderás aproveitar ata a última pinga deste novo envase de Leite de Pastoreo Larsa.

Esta botella é 100% reciclable e sostible. Unha vez terminases o noso leite de toda a vida, só terás que tirala ao contedor amarelo. E agora que o tapón está unido ao envase, esta botella recíclase aínda mellor, reducindo así o impacto ambiental.

Leite de Pastoreo: o sabor da auténtica tradición galega

Do mesmo xeito que no resto dos nosos leites de Pastoreo, esta botella de 1,5L contén leite de vacas que pastan en liberdade nos nosos pastos galegos, polo menos 6 horas ao día.

A alimentación das nosas vacas é natural, o que garante ese sabor auténtico e cremoso do noso Leite de Pastoreo.

O sistema tradicional de Pastoreo non só respecta aos animais e ao medio ambiente, senón que tamén é fundamental para que poidas gozar do sabor do leite de toda a vida.

Aproveita a nosa promoción especial e goza de prezos únicos nas botellas de Leite de Pastoreo enteiro, semidesnatado e desnatado.

 

Así que, non dubides en probar o noso novo formato extragrande. A botella de 1,5L de Larsa está feita para ti!

6538