O verán chegou e con el… A nosa 2ª edición do Concerto de Pastoreo de Larsa! Si, líchelo ben 😉 Queremos volver gozar cos nosos larseiros deste marabilloso evento, esta vez, acompañados da música de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre nun escenario moi especial no que gozaremos do folclore galego rodeados dunha contorna tranquila, natural, única e irrepetible: un pasto!
Festexaremos o concerto o 12 de xullo ás 12:30 en A Graña de Umia, unha pequena aldea da provincia de Pontevedra na que nos atoparemos co noso escenario favorito: un manto verde de pastos 100% larseiros.
Os que estiveron atentos ás nosas redes sociais e á nosa páxina web puideron conseguir algunha das 300 entradas gratuitas que tiñamos dispoñibles. E sabedes que? Quedámonos sen elas nos primeiros días.
Sen dúbida, será unha experiencia que deixará aos nosos larseiros… Con moi bo sabor de boca!
Para máis información e detalles sobre o concerto, consulta as bases legais na nosa web.
E lembra, gozarás dun Concerto de Pastoreo nunha contorna irrepetible!
Vémonos decontado!