Proba os nosos bífidus Vai Ben con abelás para comezar o día cun bo almorzo cargado de enerxía ou, se o prefires, tómaos como petisco a media mañá ou como merenda pola tarde. Hanche dar a enerxía que precisas mentres gozas da cremosidade e o sabor dos mellores bífidus de Larsa.
Os bífidus Vai Ben con Abelás con Leite de Pastoreo axúdanche a coidar a túa flora intestinal cada día. Ademais, grazas aos anaquiños de abelás, poderás desfrutar de toda a enerxía que proporcionan os froitos secos: graxas saudables, proteínas e fibra para te coidar no día a día, por dentro e por fóra.
© 2024 All Rights Reserved.