Iogur Bífidus con Cereixa
Aprovéitate de todos os beneficios para a túa saúde con este delicioso e nutritivo iogur
Para todos os fans do Iogur con Cereixa de Larsa, chega a súa versión enriquecida con Bífidus, para que coides da túa microbiota intestinal. O intenso sabor a cereixa combina á perfección cun iogur cremoso que, unha vez o probes, non abandonará a túa neveira.
- Valores medios por 100grs
- Valor Enerxético:395 KJ (94 Kcal)
- Grasas:3,3 g
-
- do cal
- Saturadas: 2,2 g
- Hidratos de carbono:13,0 g
-
- do cal
- Azucres: 12,3 g
- Proteinas:3,5 g
- Sal:0,1 g
- Calcio:120 mg (15% VRN)

O mellor do Bífidus e o Leite de Pastoreo
Da combinación do Bífidus co mellor Leite galego de Pastoreo naceu o Iogur Bífidus con Cereixa, perfecto para coidar de ti e dos teus. A importancia de consumir iogures con bífidus activo reside en que o noso corpo pode aproveitarse dos seus beneficios. Coida a túa microbiota intestinal día a día cunha alimentación sa e alimentos como os Iogures Bífidus Larsa. Notaralo!
Goza das propiedades das cereixas
A cereixa é unha das raíñas dos froitos vermellos e conta con innumerables micronutrientes. Coñécelos todos? Son ricas en vitaminas A e C, son fonte de minerais fundamentais para o correcto funcionamento do noso organismo, como o calcio, o potasio, o fósforo ou o magnesio e conteñen fitonutrientes con poder antioxidante.