Iogur Bífidus con Mandarina

O mellor dos nosos iogures con Leite de Pastoreo, agora con Bífidus para reforzar a túa microbiota intestinal

Sen renunciar ao auténtico sabor e cremosidade dun Iogur Larsa, o toque cítrico da mandarina converterá a este iogur nunha das túas sobremesas imprescindibles. Coidarse por fóra é importante, pero ademais estarás a coidarte por dentro con cada cullerada! Sente o poder da froita e os Bífidus.

  • Valores medios por 100grs
  • Valor Enerxético:395 KJ (94 Kcal)
  • Grasas:3,3 g
    • do cal
    • Saturadas: 2,2 g
  • Hidratos de carbono:13,0 g
    • do cal
    • Azucres: 12,3 g
  • Proteinas:3,7 g
  • Sal:0,1 g
  • Calcio:120 mg (15% VRN)
Leite, preparado de froita 15% (Mandarina: 40%, laranxa: 20%, azucre, xarope de glicosa e frutosa, amidón modificado, aroma, estabilizante: pectina, corrector de acidez: acedo cítrico), leite en po desnatado, azucre, proteínas do leite, edulcorante (sucralosa), fermentos lácticos (leite) e bifidobacterias.

Iogur Bífidus con Mandarina

Froita ou iogur? Proba este 2 en 1

Que facer cando non sabes se comer froita ou iogur? Temos a solución! Sácalles o máximo partido ás túas sobremesas cos Iogures Bífidus con Mandarina. O teu corpo non só beneficiarase do mellor dun produto lácteo como o iogur e unha froita como a mandarina, senón que o seu rico sabor e a súa cremosa textura atraparanche desde a primeira cullerada.

Sabor e calidade extremos

Larsa é a primeira marca galega de Leite de Pastoreo certificada por SGS. Levamos moitos anos coidando de ti e seguiremos facéndoo. Por iso a nosa gama de Iogures Bífidus está elaborada con Leite de Pastoreo 100% galego.