Iogur de Toxo e Verbena

Encantaríanos describir o sabor, pero non hai nada similar ao novo iogur de Toxo e Verbena de Larsa.

Unha cullerada que che leve ás paisaxes nas que se mestura o verde e o amarelo tan característico da emblemática flor de toxo, presente en tantos e tantas paisaxes galegas. Outra cullerada cun suave e sorprendente sabor grazas á flor da verbena… Agora podes saborear as Flores dos Pastos galegos con todo o sabor de Larsa.

  • Valores medios por 100grs
  • Valor Enerxético:337 kJ / 80 kcal
  • Grasas:2,3 g
    • do cal
    • Saturadas: 1,6 g
  • Hidratos de carbono:11,1 g
    • do cal
    • Azucres: 11,1 g
  • Proteinas:3,7 g
  • Sal:0,1 g
  • Calcio:120 mg
Leite parcialmente desnatado, azucre, leite en po desnatado, aroma, colorante (carmines y carotenos) e fermentos lácticos (leite).

Iogur de Toxo e Verbena

En Larsa facemos que a primavera dure todo o ano

O aroma, a cor… E agora tamén o sabor das Flores dos Pastos. Todo o anterior lémbranos que remata o inverno e agora, grazas a Larsa, poderemos celebrar a primavera todo o ano. A inconfundible calidade do iogur máis tradicional de Larsa co sabor tan característico da flor deToxo e Verbena que, como resultado, dá lugar a un iogur moi moi especial.

O Pastoreo, agora a culleradas

Se hai algo que nos representa a Leite Larsa son as nosas vacas pastando nun Pasto verde, moi verde, pero tamén nunha contorna na que os toxos toman protagonismo coa súa flor. Agora xa non só poderás saborear o Leite máis tradicional dos pastos, tamén poderás gozar do sabor das súas flores.