Leite de Pastoreo Enteiro

100 % galego, obtido de ganderías de tamaño medio e producido por vacas que se crían ao aire libre.

O Leite de Pastoreo Enteiro Larsa é o noso leite máis clásico. Obtido de vacas que pastan en liberdade durante polo menos 6 horas ao día e teñen unha alimentación totalmente natural, a base de pastos galegos e complementos naturais recollidos polos nosos gandeiros.

Grazas a todo isto, Larsa é a primeira marca de Leite de Pastoreo certificada de Galicia, avalada polo selo de SGS S.A., entidade líder en inspección e verificación.

  • Valor Enerxético:264 KJ (63 Kcal)
  • Grasas:3,6g
    • do cal
    • Saturadas: 4,6g
  • Hidratos de carbono:3,1g
    • do cal
    • Azucres: 4,6g
  • Proteinas:3,1g
  • Sal:0,1g
  • Calcio:120mg (15% VRN)
Leite enteiro de vaca

Leite de Pastoreo Enteiro

Un alimento san e natural

Con esta materia prima de excepcional calidade, sometida unicamente a tratamentos térmicos para garantir a seguridade alimentaria, envasamos o noso Leite de Pastoreo Enteiro; un leite de sabor intenso, tradicional e de corpo consistente, coma o do leite de sempre.

Un leite fiel á tradición das gandarías de tamaño medio de Galicia —con entre 15 e 100 vacas leiteiras— que destacan polo seu método tradicional e o seu coñecemento do gando e da xestión dos pastos, transmitido de xeración en xeración dende hai case 100 anos. Un leite 100 % Galego; un produto san que, ademais, fomenta o desenvolvemento do medio rural da nosa comunidade.

Propiedades nutricionais únicas

O Leite de Pastoreo Enteiro Larsa ten propiedades nutricionais únicas. A alimentación natural das vacas e a alta calidade de vida que desfrutan producen un leite de características especiais. Un alimento completo para toda a familia e que reúne nun só vasiño de 10 ml o 15 % das cantidades diarias recomendadas de calcio. Goza do sabor Larsa; pásate ao Pastoreo de Galicia e descubre un leite enteiro delicioso, tanto frío coma quente, só ou con café, cereais ou cacao.

Esta página web utiliza cookies propias y de terceros. Si sigue navegando por la página, significa que está de acuerdo y acepta nuestra Política de cookies.