A non presencia de glute no leite e derivados

O glute é unha proteína de orixe vexetal, concretamente unha glucoproteína, que se atopa en cereais de consumo tan habitual como o trigo, a cebada, o centeo ou a avea, e noutros cereais que son de consumo menos frecuente, como son a espelta e o triticale.  Ten pouco poder nutritivo, pero un alto poder tecnolóxico, sendo a responsable da elasticidade da masa de fariña, da súa esponxosidade e da variación do volume, dando lugar a un produto máis apetecible e saboroso.  

A maior parte da poboación tolera a inxesta de glute. Con todo, outra gran parte da mesma non é capaz. Para este tipo de persoas o consumo de produtos con glute pode provocar problemas de saúde. Existen varias enfermidades relacionadas co glute. 

A enfermidade celíaca e a alerxia ao glute 

A enfermidade celíaca é unha patoloxía hereditaria autoinmune caracterizada por unha intolerancia permanente e crónica ao glute. Padécena persoas que están predispostas xeneticamente e caracterízase por unha lesión da mucosa do intestino delgado que provoca unha atrofia das vilosidades intestinais, o que provoca unha inadecuada absorción dos nutrientes dos alimentos (proteínas, graxas, hidratos de carbono, sales minerais e vitaminas).   

Por outra banda, a alerxia ao glute é unha resposta inmunolóxica que se produce no organismo afectando o noso intestino, mentres que a sensibilidade ao glute é unha patoloxía onde non intervén o sistema inmunitario pero que si se caracteriza por síntomas intestinais en individuos que non presentan enfermidade celíaca. 

Leite e derivados, alimentos sen glute

O leite é un produto que provén de orixe animal, polo que é libre de glute por natureza. Isto é ben coñecido polo colectivo celíaco quen. Desde a Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE), consideran este alimento como “verde” ou “xenérico”, é dicir, apto para o consumo de persoas celíacas. 

Por tanto, o leite e derivados, por exemplo a nata, a manteiga, o iogur natural e o queixo; é dicir derivados sen ingredientes susceptibles de levar glute, son alimentos totalmente aptos para as persoas celíacas. Todo alimento que leve glute ten que especificalo na lista de ingredientes xa que é un alérxeno de obrigada información.  

Para iso é importante ler a lista de ingredientes dos alimentos. Se contén glute, este estará especificado e resaltado. Se non contén glute, existen dúas opcións: non mencionar nada sobre o glute ou indicalo co selo “Sen glute”. En xeral, ambas opcións son válidas.

1297