Con esta materia prima de excepcional calidade, tan só sometida a tratamentos térmicos para garantir a seguridade alimentaria, envasamos o noso Leite tradicional Enteiro, un leite de sabor intenso e un corpo consistente, como o do leite de sempre.
Leite fiel á tradición das explotacións medianas de Galicia, con entre 15 e 100 vacas de leite, que destacan polo seu método tradicional, os seus coñecementos de gandería e manexo dos pastos transmitidos de xeración en xeración, dende hai case 100 anos. Un leite 100% galego, un produto saudable que tamén favorece o desenvolvemento do medio rural da nosa comunidade.
O leite enteiro tradicional Larsa ten propiedades nutricionais únicas. A alimentación natural das vacas e a alta calidade de vida da que gozan fai que produzan leite cunhas características especiais.
Un alimento completo para toda a familia que contén o 15% das cantidades diarias recomendadas de calcio nun único vaso de 10 ml. Goza do sabor Larsa, vai ao Pastoreo de Galicia e descubre un delicioso leite enteiro, tanto quente como frío, só ou con café, cereais ou cacao.
© 2025 All Rights Reserved.