Goza do sabor, corpo e textura do leite Pastoreo Larsa sen renunciar a coidarte cun leite semidesnatado de calidade. Porque Larsa é a primeira marca de Leite de Pasto certificada en Galicia, avalada polo selo SGS, entidade líder en inspección e verificación do noso leite máis clásico.
Esta certificación garante que as nosas vacas gozan dunha alimentación natural, a dos pastos galegos, e que pastan libremente durante todo o día. Así obtén Larsa o mellor leite de pasto semidesnatado de Galicia. Un leite de sabor auténtico, tradicional, pero con menos calorías.
© 2024 All Rights Reserved.