Leite de Pastoreo Desnatado en botella 1,5l

Todo o sabor e a lixeireza do Pastoreo
Ideal para os que buscan un produto baixo en graxa pero que mantén todos os valores nutricionais recomendados e con todo o sabor do Leite de Pastoreo.

A nova botella de leite desnatado Larsa ten máis capacidade, para gozar máis se cabe de todo o sabor e a cremosidade do Pastoreo, porque sabemos que todo o que pasta mellora! Ademais, é un envase reciclable, podes levala ao colector do lixo amarelo cando a consumas.
  • Valores medios por 100ml
  • Enerxía:144 KJ (34Kcal)
  • Graxas:0,25g
    • das cales
    • Saturadas:0,17g
  • Hidratos de carbono:4,7g
    • dos cales
    • Azucres:4,7g
  • Proteínas:3,2g
  • Sal:0,1g
  • Calcio:120mg (15% VRN)
Leche desnatada de vaca

100% galego

O segredo do noso sabor auténtico é manter as cousas como están, porque o que é bo é mellor non cambiar demasiado. E a alimentación natural das nosas vacas, nos mellores prados de Galicia, con auga e espazo suficiente e complementos naturais recollidos polos nosos gandeiros, é o que fai de Larsa a primeira marca de Leite de Pasto certificada por SGS, entidade líder en inspección e verificación.

Sen graxa e baixa en calorías

En Larsa levamos case 100 anos sen perder a nosa cita diaria coa alimentación das familias de Galicia. Por iso ofrecémosche un produto de máxima calidade, leite desnatado co máis intenso sabor e corpo. Achégate a Larsa, ao Pasto de Galicia e goza do noso Leite Desnatado de Pasto, sen graxa e baixo en calorías pero con todo o calcio do leite enteiro: 120 mg en cada vaso de 100 ml, o 15% da cantidade diaria recomendada para un adulto. para un correcto funcionamento metabólico.

1034