Gaña un ano de produtos Larsa coas mellores Paisaxes de Pastoreo no Camiño

No Camiño de Santiago podes gozar das marabillosas vistas das paisaxes galegas tan características. Se tes pensado facer o Camiño de Santiago, agora con Larsa ten premio!  

Presentámosche o noso novo concurso “Paisaxes de Pastoreo no Camiño” no que premiamos a mellor fotografía dunha Paisaxe de Pastoreo en calquera roteiro do Camiño de Santiago que atravese Galicia cun lote dos teus produtos Larsa favoritos de balde durante todo un ano. 

Tamén podes participar enviando unha imaxe desde o Banco de Pastoreo de Larsa situado en Vendas de Narón (Lugo), unha estrutura de madeira xunto ao Camiño de Santiago Francés que Larsa estreou para que peregrinos e viandantes poidan descansar, repoñer forzas e gozar das vistas espectaculares dos nosos prados mentres percorren o Camiño.  

Como participar no noso concurso? 

  1. Rexístrate en www.leitelarsa.es/paisaxes-camino 
  2. Sube a túa mellor fotografía dunha Paisaxe de Pastoreo. Lembra que os protagonistas da imaxe deben ser os pastos.  
  3. Un xurado de expertos larseiros seleccionará a mellor imaxe en tres períodos de participación diferentes:  
  • Período 1: 5 de setembro ás 12:00 horas ao 5 de outubro ás 11:59 horas.  
  • Período 2: 5 de outubro ás 12:00 horas ao 5 de novembro ás 11:59 horas. 
  • Período 3: 5 de novembro ás 12:00 horas ao 5 de decembro ás 11:59 horas. 

Produtos Larsa de balde durante un ano enteiro 

Cada mes a mellor fotografía será premiada e si, líchelo ben, poderás gozar dos teus produtos larseiros favoritos durante un ano enteiro!  

Con esta acción, Larsa busca revalorizar a diversidade das nosas paisaxes, a beleza dos pastos galegos e a súa importancia no moldeado do noso territorio.  

Se queres saber máis sobre esta dinámica visita a nosa páxina www.leitelarsa.es/paisaxes-camino ou consulta as nosas bases legais 

Podes enviar a túa fotografía ata o 5 de decembro ás 11:59 horas. Demostra os teus dotes como fotógrafo!  

Moita sorte, Larseiro! 

1009