Se algunha vez viviches fóra de Galicia, seguro que sentiches esa sensación tan nosa de botar en falta a comida da casa, a nosa maneira de vivir, as paisaxes verdes, o mar… Incluso a choiva! E hai algo que calquera galego está a desexar probar cando volve a casa: os iogures Larsa. Porque ese sabor nunca se esquece e cada cullerada fainos estar un pouquiño máis preto de Galicia.
Por iso, tras escoitar e ler tódalas mensaxes de galegos que viven fóra pedindo os nosos iogures, tiñamos que facer algo: Lanzar o Pack Morriña! Unha neveira Larseira con 24 iogures Larsa para gozalos onde e cando queiras. O antídoto perfecto contra a morriña e para sentirte como na casa!
Os sabores de sempre, directos á túa neveira
O Pack Morriña está dispoñible na web cunha oferta de lanzamento de 14,95€ + gastos de envío e poderás elixir entre diferentes sabores: Natural, Natural Desnatado, Natural Azucrado, Amorodo e, como non, Vainilla! Podes decidir se os queres todos do mesmo sabor, 16 iogures dun sabor e 8 doutro ou 3 packs de 8 iogures de tres sabores diferentes.
Desde hai máis de 40 anos, elaboramos os nosos iogures co mellor leite 100% galego, de vacas que saen a pastar nos prados de máis de 400 ganderías. Os iogures Larsa son un referente de cremosidade e sabor co selo Galicia Calidade, e desde hai décadas, os favoritos dos fans do iogur galegos.
Nunca fora tan fácil gozar do sabor dos nosos iogures fóra de Galicia. Non agardes máis! Pide o teu Pack Morriña e goza do sabor do Pastoreo Larsa coma se estiveses na casa.
Camiseta exclusiva para os máis larseiros!
E isto non é todo, temos unha última sorpresa preparada: por 21,95€ + gastos de envío enviámosche a casa o Pack Morriña-Riquiño con nuestra camiseta exclusiva Sonche ben riquiño. Aproveita esta oferta de lanzamento e presume de auténtico larseiro!
Pide o teu Pack Morriña-Riquiño e goza do sabor do Pastoreo Larsa coma se estiveses na casa!