Quedan poucos meses para o verán e xa sentimos como o ritmo das verbenas invade o noso corpo😉. Coa nova promoción larseira «Este verán podedes levar a París de Noia á vosa vila» podes conseguir que a túa vila viva unha noite de festa inesquecible coa Orquestra París de Noia. Non perdas esta oportunidade única!
Como xa fixemos o ano pasado, en Larsa convidámosche a conseguir que a túa vila sexa a elixida para a Gran Verbena Larseira. Descobre como!
Como participar?
- Merca produtos LARSA: Participa adquirindo calquera dos teus produtos favoritos LARSA (leite, iogures, queixos; valen todos menos os queixos ao corte!) en calquera establecemento de Galicia.
- Garda o teu comprobante de compra: Por cada 10 produtos LARSA, obterás unha participación. Se mercas 20, son dúas participacións… E así sucesivamente!
- Sobe o teu comprobante de compra en liña: A partir do 5 de maio ve a larsaparisdenoia.com e sobe unha foto do comprobante de compra. Lembra que cada comprobante de compra pódese subir só unha vez.
- Enche o formulario: Completa o formulario cos teus datos e a localidade onde queres que se celebre a verbena.
- Vota! Cada comprobante de compra subido conta como un voto para a túa localidade.
Queres saber máis?
- A fase de votación está aberta desde o 5 de maio ata o 31 de xullo de 2025.
- O 4 de agosto anunciarase cal é o concello máis votado.
- A actuación está programada para o 29 de agosto de 2025 no municipio galego que reciba máis votos.
- Se o teu municipio gaña, asegúrache de que cumpre cos requisitos necesarios para a actuación (Ter un mínimo de 300 e ata 50.000 habitantes e contar coas instalacións adecuadas).
Xa sabes, as túas compras LARSA poden traer a música á praza da túa vila este verán. Non te quedes sen Verbena Larseira!