Iogur de sobremesa sabor caramelo con leite de Pastoreo

Todo o sabor do caramelo para acabar as túas comidas con sabor doce
A Sobremesa caramelo con leite de Pastoreo é unha chiscadela deliciosa a aqueles larseiros que non perden a sobremesa, unha homenaxe a un sabor tradicional que conquistou o mundo enteiro e que non podía faltar na nosa gama de iogures e sobremesas lácteos. Porque sexamos sinceros… A quen non lle gusta o caramelo ben feito?
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:422KJ (100Kcal)
  • Graxas:3,6 g
    • das cales
    • Saturadas:2,4 g
  • Hidratos de carbono:13 g
    • dos cales
    • Azucres:12 g
  • Proteínas:4 g
  • Sal:0,15 g
  • Calcio:140 mg (21,88% VRN)
Leite, preparado de caramelo: 15% (caramelo: 28%, azucre, corrector de acidez, zume concentrado de limón, amidón modificado, aromas, emulgentes: mono e diglicéridos de ácidos graxos, estabilizante: pectina, manteiga, conservador: sorbato potásico, sal), leite en po desnatado, azucre, proteínas do leite, aroma, fermentos lácticos (leite).
Larsa-Sobremesa-Caramelo

Sabor tradicional 100% natural

A Sobremesa caramelo con leite de Pastoreo está pensada para ese momento no que che apetece algo doce, suave e cremoso. Este iogur é perfecto para saborear con calma, como se gozan as cousas boas e gozar dunha textura inigualable, a que nos dá o leite de Pastoreo Larsa, procedente de vacas criadas ao aire libre e cunha alimentación 100% natural.

O iogur dos que non se saltan a sobremesa

Sen dúbida, a Sobremesa sabor caramelo é o noso iogur máis lambón. A súa textura cremosa e o seu sabor a caramelo conquistarán dende o primeiro bocado a quen xamais perdoan a sobremesa. Ábreo, mestúrao se queres e déixate levar co seu sabor tradicional. É perfecto para despois de comer, como merenda reconfortante ou para empezar o día co mellor sabor.

1910