Quefir natural con leite de Pastoreo

O Quefir feito só con leite de Pastoreo e fermentos vivos, como debe ser.
Goza do noso novo quefir natural, o único elaborado con leite de Pastoreo e mantendo a receita tradicional. Cun coidado proceso e o noso leite de Pastoreo conseguimos un quefir que coida de ti, sen ter que perder nin un chisco do sabor, a textura e a autenticidade que nos fan únicos.
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:206KJ (49Kcal)
  • Graxas:2,7 g
    • das cales
    • Saturadas:1,9
  • Hidratos de carbono:2,9
    • dos cales
    • Azucres:2,9
  • Proteínas:3,3
  • Sal:0,1 g
  • Calcio:120 mg (15% VRN)
Leite parcialmente desnatado, leite en po desnatado, fermentos lácticos (leite), fermentos lácticos quefir (leite).
Larsa-Kefir

O leite fermentado máis antigo

O quefir ten a súa orixe nas montañas do Cáucaso, onde era moi valorado debido aos seus múltiples beneficios para a saúde. Agora en Larsa fixémolo noso para que te coides por dentro e por fóra, utilizando unha combinación de fermentos lácticos quefir e fermentos lácticos do iogur, para obter un sabor máis suave.

Un lácteo ideal para combinar con froitas e cereais no teu almorzo

O noso quefir natural con leite de Pastoreo ten un sabor suave e lixeiramente máis acedo que o noso iogur natural tradicional. Por iso, é perfecto para preparar un almorzo ou merenda completos, mesturado con cereais ou froitas, como cea lixeira ou mesmo, como aderezo para ensaladas. Descúbreo!

1914