Iogur desnatado con Pexego con leite de Pastoreo 

A cremosidade do noso iogur desnatado con leite de Pastoreo co sabor suave do pexego, así de sinxelo 
Se che gusta o pexego, este iogur é para ti. O noso iogur desnatado con pexego é cremoso, lixeiro e ten ese sabor tan noso que lle dá o leite de Pastoreo. Un desnatado que apetece en calquera momento! Pensado para que te coides sen complicacións e goces de verdade do sabor de sempre.
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:155KJ (37Kcal)
  • Graxas:0,2g
    • das cales
    • Saturadas:0,1g
  • Hidratos de carbono:4,6g
    • dos cales
    • Azucres:4,0g
  • Proteínas:4,1g
  • Sal:0,12g
  • Calcio:130mg (16,25% VRN)
Leite desnatado, preparado de pexego: 15% (pexego (60%), auga, amidón modificado, aromas, conservador: sorbato potásico, correctores de acidez: citrato trisódico y ácido cítrico), Leite en po desnatado, proteínas do Leite, edulcorante (sucralosa), fermentos lácticos (Leite) 
Pexego 1200x1385 - GL

Un iogur que apetece a calquera hora

O noso iogur desnatado con pexego ten ese equilibrio perfecto entre frescura e suavidade, cun 15% de froita. Un iogur sinxelo e moi rico, deses que encaixan en calquera momento e que sempre deixan moi bo sabor de boca. E é que o seu irresistible sabor conquistará a todos na casa, tanto a adultos como a nenos.

Con leite de Pastoreo, feito como sempre 

Todos os iogures de Larsa elabóranse exclusivamente con leite de Pastoreo certificado por SGS, o que lles dá ese sabor tan característico que nos diferenza e que só se consegue cando as cousas se fan ben, con moito agarimo. Porque non hai nada como gozar dun iogur feito co leite de Pastoreo Larsa, de vacas que pacen libres e tranquilas nos prados galegos.

2245