Iogur con Mango con leite de Pastoreo

Todo o sabor tropical do mango nun iogur que sabe a verán
O noso iogur con mango está elaborado con leite de Pastoreo e o dulzor natural desta froita tropical. Cremoso e suave, é deses sabores que apetecen repetir sen darle moitas voltas. É perfecto para unha pausa en calquera momento do día, para o almorzó ou para a merenda. Un iogur sinxelo, rico e equilibrado, para gozalo a culleradas cando che apeteza algo fresco e doce.
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:384 KJ (91 Kcal)
  • Graxas:3,5 g
    • das cales
    • Saturadas:2,3 g
  • Hidratos de carbono:11,0 g
    • dos cales
    • Azucres:11,0 g
  • Proteínas:3,9 g
  • Sal:0,14 g
Leite, preparado de mango:15% (mango:40%, azucre, amidón modificado, zume concentrado de cenoria, aroma, correctores de acidez: citrato trisódico e ácido cítrico, estabilizante: pectina, conservador: sorbato potásico), leite en po desnatado, azucre, proteínas do leite, aroma, fermentos lácticos (leite) 
Mango 1200x1385 - GL

Un toque tropical para o día a día 

O iogur de mango é unha forma sinxela de desfrutar de algo fresco e saboroso en calquera momento. Elaborado con leite de Pastoreo, mantén toda a cremosidade característica de Larsa e únese ao sabor zumarento do mango, acadando unha textura suave perfecta para tomalo a culleradas, sen necesidade de nada máis.

A orixe de Larsa, en cada iogur

En Larsa traballamos con leite de Pastoreo certificado, procedente de vacas que pastan en liberdade en Galicia. Esa orixe marca a diferenza na calidade, a cremosidade e o sabor dos nosos iogures. Nesta receita con mango mantemos esa esencia: unha base láctea coidada e unha elaboración sinxela para respectar o produto.

3920