Aínda non te decataches? O éxito do Pastoreo Larsa xa está en todas partes. Pode que ata agora che pasase desapercibido, pero non só podes gozar do sabor e da cremosidade característica dos produtos de Pastoreo Larsa na túa casa. Agora, busca Larsa na cafetería que máis che gusta e descubre que o segredo do café con leite que tomas leva o mesmo nome que o explica todo: Pastoreo Larsa.
Porque un café con leite non é o mesmo se está feito con Leite de Pastoreo Larsa; o mesmo leite que saboreas na casa, leite 100 % galego, procedente de ganderías de tamaño medio onde as vacas saen pacer a diario, aliméntanse de herba fresca, ao aire libre, ao seu ritmo, como sempre se fixo en Galicia, e dannos unha materia prima excepcional. Un leite que ten un sabor totalmente único, a leite de verdade, e unha cremosidade diferencial, perfecta para gozar en familia e tamén para preparar os teus cafés favoritos cunha escuma suave, consistente e deliciosa. Mmmm!
Descubre o Pastoreo de Larsa nas nosas botellas especiais de Hostalaría de 1,5 litros, detrás da barra da túa cafetería favorita, e descubre por que ese café che sabe tan ben. Porque o Pastoreo non é o mesmo e por iso cada vez máis xente marcha para Larsa e levamos anos sendo o leite preferido dos fogares galegos.