O Queixo Galego con Denominación de Orixe Tetilla é o máis internacional dos queixos galegos, e o de Larsa está elaborado seguindo a receita tradicional que consegue un sabor espectacular. Un queixo de Tetilla elaborado con leite 100% Galego marcado por un regusto e olor suaves tan característicos da Denominación de Orixe.
O Queixo con Denominación de Orixe Tetilla de Larsa encerra dentro da súa característica forma unha textura manteigosa e de sabor único que lle encanta a toda a familia. É un aperitivo perfecto para petiscar a calquera hora, pero tamén é ideal combinado con froita, acompañado de embutidos ou como ingrediente sorprendente en pratos que gañan co seu sabor fundido. Aínda non probaches a nosa receita de patacas con Queixo de Tetilla Larsa?
© 2024 All Rights Reserved.