Leite de Pastoreo. Que ten de diferente?

Larsa é a primeira marca de Leite de Pastoreo de Galicia certificada. Está avalada polo selo de SGS (anteriormente, Société Générale de Surveillance), unha entidade suíza líder na inspección e certificación do cumprimento normativo e de calidade.

O Leite de Pastoreo procede de explotacións gandeiras en réxime de pastoreo. Isto significa que todas as vacas pastan ao aire libre en prados con herba abonda e nunha contorna natural na que poden desenvolver os seus hábitos naturais. Ademais de pastos, as vacas aliméntanse de complementos naturais recollidos polos gandeiros.

As diferenzas, a primeira vista

E como inflúe todo isto no leite? Que ten o Leite de Pastoreo de diferente? A alimentación natural das vacas fai que o leite teña un aspecto distinto a primeira vista. É un leite de corpo máis consistente e máis cremoso, que deixa bigote. Con este leite elaboramos toda a nosa gama de leites, con e sen lactosa, os nosos iogures e sobremesas e os queixos en lonchas. Toda unha gama de produtos que destacan por esa textura cremosa e o sabor Larsa de sempre. Lácteos deliciosos.

Pero o Leite de Pastoreo ten, ademais, unhas calidades nutricionais que marcan a diferenza respecto do leite de produción industrial.

Unha aposta pola saúde humana, animal e do medio

Por todo isto, desde Larsa entendemos que apostar pola gandaría en réxime de pastoreo é a mellor forma de producir alimentos sans e de calidade. Unha maneira de traballar que lle rende tributo á tradición da gandaría galega, á nosa historia case centenaria. Os produtos Larsa de Pastoreo elabóranse con leite 100 % Galego, procedente de explotacións de tamaño medio, con entre 15 e 100 vacas.

Localiza as granxas no noso mapa

Un réxime que supón un uso óptimo e racional dos recursos, que respecta o Medio Ambiente.

Leite de Pastoreo, máis alto valor engadido

O certificado de SGS non só significa asegurar que as vacas pastan en liberdade, senón que o fan cunha serie de requisitos. Entre eles, que contan con espazo suficiente e pasto abondoso, condicións que se deben rexistrar a diario no caderno de pastoreo da gandaría.

Este rexistro inclúe, así mesmo, un coidado das condicións sanitarias das vacas. Grazas a estes coidados, as vacas de pastoreo viven un 30 % máis que as que se crían nun sistema industrial. Unha vida que se prolonga por 8 ou mesmo 10 anos, impensable noutro tipo de explotacións.

O Leite de Pastoreo é, en definitiva, un produto de gran calidade que, ademais, permite aboarlles aos gandeiros un prezo máis alto polo leite. É un compromiso coa calidade, o sector primario e a economía local.

527